A Deputación de Pontevedra comprometeuse a facer accesible o seu sitio web de conformidade co Real decreto 1112/2018, do 7 de setembro, sobre accesibilidade dos sitios web e aplicacións para dispositivos móbiles do sector público.
Esta declaración de accesibilidade aplícase ao sitio web https://www.depo.gal/
Este sitio web é parcialmente conforme ao R. d. 1112/2018, cunha estimación da adecuación da páxina nivel AA.
O contido que se recolle a continuación non é accesible polo seguinte:
Esta declaración elaborouse o 20 de xullo de 2020.
Para preparala a Deputación de Pontevedra levou a cabo unha autoavaliación.
Última revisión da declaración: 23 de setembro de 2024.
A través do presente formulario de contacto, www.depo.gal/formulario-de-contacto do teléfono +34 986 804 100 ou presencialmente no Rexistro xeral da Deputación de Pontevedra e no da sede de Vigo pode realizar comunicacións sobre requisitos de accesibilidade do R. d. 1112/2018 (artigo 10.2.a) coma os seguintes:
Estas comunicacións serán recibidas e tratadas pola Unidade Responsable de Accesibilidade (URA)da Deputación de Pontevedra.
Ante as solicitudes de información accesible ou queixas desestimadas, que non obtivesen resposta no tempo adecuado ou non cumprisen os requisitos contemplados no artigo 12.5 do R. d. 1112/2018, a persoa interesada poderá iniciar unha reclamación.
A través desta poderá coñecer os motivos da desestimación e opoñerse a eles, instar a adopción das medidas oportunas no caso de non estar de acordo coa decisión adoptada ou expoñer as razóns polas que se considera que a resposta non cumpre cos requisitos esixidos.
Poderá exercer a reclamación a través do seguinte formulario.
As reclamacións serán recibidas e tratadas polaURAda Deputación de Pontevedra, que lle dará resposta nun prazo de dous meses.
En cumprimento dos principios de accesibilidade e deseño universal, a Deputación de Pontevedra traballa para garantir que toda a cidadanía —especialmente as persoas maiores ou con algún tipo de discapacidade— poida navegar sen atopar dificultades de acceso por esta web, en igualdade de condicións con independencia das súas circunstancias persoais, medios ou coñecementos.
A política de accesibilidade aplicada pola Deputación de Pontevedra cumpre as esixencias establecidas no R. d. 1112/2018, de 7 de setembro, sobre accesibilidade dos sitios web e aplicacións para dispositivos móbiles do sector público.
Na actualidade, as páxinas da web da Deputación de Pontevedra cumpren os requisitos da Norma UNE-EN 301549:2020, considerando as excepcións do R. d. 1112/2018, que é equivalente ao nivel AA das WCAG 2.1.
Este sitio web está optimizado para os navegadores Microsoft Internet Explorer 11.0 ou versións superiores e as últimas versións vixentes de Firefox, Safari, Opera e Google Chrome. A resolución web mínima recomendada é de 1280 x 1024.
Este sitio web está deseñado para a súa visualización adaptativa, co que se visualiza de forma óptima en tabletas e móbiles.
Identifícanse os cambios de idioma mediante a etiqueta correspondente para facilitar a tarefa de navegación con lectores de texto.
A maioría das páxinas deste portal teñen habilitado o servizo de audiocontidos, en galego e en castelán, para a súa escoita, o que facilita o acceso para calquera persoa usuaria que teña dificultades de lectura en pantalla.
Establécese a posibilidade de consultar a web a través dun formato de alto contraste para que poida ser consultada con maior facilidade por persoas con algún tipo de deficiencia visual.
Copyright © 2024. C2 AGENDA 2030 LOCAL.
Mapa web I Aviso legal I Accesibilidad I Protección de datos I Política de cookies I Contacto